Eucalipto e Paisaxe en Galicia. Achegas para un Diálogo
Hai uns meses o goberno autonómico formulou un borrador que propoñía prohibir plantacións de eucalipto na parte suroriental de Galicia. O decreto, que estivo es fase de alegacións, foi moi controvertido e polémico, polo que é probable que non chegue a aprobarse. Esto evidencia unha vez máis as dificultades coas que que se atopa a administración para regular a expansión do eucalipto en Galicia.
A expansión do eucalipto é obxecto a miúdo de razóns e sentimentos encontrados. Desde o punto de vista medioambiental este especie ten, tense dito, un impacto negativo na biodiversidade. Sen embargo os argumentos ambientalistas son a miúdo bastante débiles. O impacto ambiental das formacións de eucalipto non depende na súa maior parte da especie en si, senón de como se xestiona. Neste sentido hai outros cultivos cun impacto ambiental superior, como o cultivo intensivo de millo e pradeira para forraxe, que non soe xerar tanta controversia.
Por outra banda tense argumentado que existe un conflito ou competencia por usos entre os sector agrícola e o sector forestal. Sen embargo, este conflito é moito máis imaxinario ca real. O sector forestal ten sido moito máis proactivo na busca de terras que o sector agrícola. A pesar de que o sector agrícola hai tempo que diagnosticou a baixa base territorial das explotacións como un hándicap para a súa viabilidade, o certo é que, polo menos na provincia de Lugo, a administración tense preocupado – aínda sendo pouco – máis que os propios agricultores por evitar o cambio de uso de agrícola a forestal [1].
Unha aproximación o máis racional posible á expansión do eucalipto en Galicia e o seu impacto tal vez se poida centrar en tres eixos nos que se pode tratar de xerar un mínimo de consenso entre tódolos sectores implicados. En primeiro lugar está a cuestión de onde se está expandindo, e que implicacións pode ter a súa expansión nesas zonas para a agricultura e os asentamentos humanos. En segundo lugar está a cuestión da homoxeneidade das formación de eucalipto que a nivel paisaxístico non soen estar ben valoradas. E finalmente está a cuestión da posibilidade de que Galicia estea producindo máis madeira da que a industria pode transformar.
En relación á primeira cuestión, Galicia conta segundo o inventario forestal de 2008 cunha superficie adicada a eucalipto de 283.170 ha. Ao redor do 70% desa superficie atópase en solos susceptibles dun aproveitamento agrícola, desde o cultivo de millo a pradeiras. En concreto para o total do solos de mellor aptitude agrícola (A1 e A1 para millo, segundo o mapa de Díaz Fierros), a superficie de eucalipto non chega ao 10% (9,7%) das 585.000 ha de superficie que ocupan ámbalas dúas clases. Se engadimos pino pinaster e outras especies de produción en mestura, a porcentaxe acada o 25,3% (Cadro 1). Un cuarto das mellores terras agrícolas están, polo tanto, adicado á produción forestal, pero desta superficie menos da metade é eucalipto.

Cadro 1
No cadro 2 amósanse as
plantación de eucalipto por clases de solo segundo o mapa de
Díaz-Fierros. Como se observa prácticamente un 50% atópase nos solos con
mellores aptitudes para prado. Foi probablemente neste tipo de solos
onde o eucalipto comezou expandindo primeiro. Non se sabe moi ben que
pode suceder nos vindeiros anos, pero é probable que esta expansión se
siga producindo, ocupando tamén os solos A1 e A2 de mellor aptitude
agrícola a medida que se vai producindo o peche de explotacións
gandeiras. Ademais, a posibilidade de formacións da especie nitens en
lugares onde o clima e a altura significaron unha barreira ata o ade
agora para o globulus, provocará que os mellores solos agrícolas do
interior de Galicia poidan verse tamén aforestados por esta especie se
non existe un control efectivo das plantacións.
Cadro 2
No seguintes dous mapas represéntase, no primeiro, a
localización dos solos A1 e A2 ocupados polo eucalipto. Obsérvase que
nas comarcas centrais da provincia da Coruña (Xallas, Ordes, Santiago,
Melide, etc.) son as que teñen máis presencia de eucalipto nos solos de
mellore aptitude agrícola. No segundo mapa obsérvase que se sumamos
outras especies de crecemento rápido, como o piñeiro, boa parte do
mellor solo da parte oriental de Galicia está forestado con estas
especies. Só as comarcas do interior, como a Ulloa, Terra Chá, Verín ou
Lemos a presencia destas especies aínda é residual nos terreos de mellor
aptitude agrícola.
En relación ao tamaño das formacións de eucalipto, a media segundo o inventario forestal de 2008 está en 35 ha (cadro 3), o cal parece unha superficie bastante axeitada para a xestión. É a formación no inventario que ten máis manchas e que ocupa máis superficie do territorio, pero sen embargo é a sexta por tamaño medio de mancha, e a vixésimo terceira segundo a súa mediana, que é de 9 ha. Esto indica un alto nivel de fragmentación destas formacións. Se nos fixamos nas formación de eucalipto que están situadas en solo de maior aptitude agrícola (A1 e A2), observamos que concentran un terzo das manchas totais. As manchas de máis de 100 ha representan tamén un terzo das plantacións de eucalipto en solos A1 e A2. A presenza do eucalipto faise notar en Galicia, polo tanto, porque é a formación máis abundante e ao mesmo tempo unha das máis fragmentadas.
Propostas e conclusións
O Plan Forestal de Galicia de 1992 chegou a acadar os seus obxectivos en relación á expansión da superficie forestal sen apenas implantar as medidas previstas. Polo que agora o que parece razoable é que os plans teñan como obxectivo xestionar un proceso que se dá sen necesidade de intervención por parte do goberno. O marco legal contén suficientes instrumentos para tratar de racionalizar a expansión do eucalipto, como por exemplo a Lei de Mobilidade de Terras e a Lei de Montes. Para tratar de romper a tendencia á homoxeneización que supón esta especie nalgunhas zonas de Galicia, poderíase considerar na avaliación ambiental cando se autoricen plantacións ou reforestacións de máis de 5 ha a proximidade a manchas de máis de 100 ha para recomendar que unha porcentaxe na plantación ou reforestación sexa de frondosas. Cando se trata de plantación ou repoboacións de menos de 5 ha, a Administración podería prestar moita máis atención ao artigo 61 da Lei de Montes sobre o cambio de uso agrícola a forestal, pois é evidente que este artigo ten un elevado nivel de incumprimento.
Entre 1985 e 2005 perdéronse 158.253 ha de superficie agraria, a metade das cales se transformaron a uso forestal con especies de crecemento rápido. Ademais o 26% de superficies que eran de monte e que tiñan uso agrícola, tamén se converteron a uso forestal con especies de crecemento rápido [2]. Boa parte da expansión do eucalipto producíuse na parte oriental de Galicia, nas zonas máis antropizadas como a zona da Mariña lucense e coruñesa, as Rías Baixas, etc. A expansión desta especie é o síntoma dunha racionalidade individual en base á cal se decide a intensidade e duración do cultivo.
A racionalidade colectiva está tendo, como vemos co decreto para regular as plantacións de nitens, serias dificultades á hora de intervir na expansión do eucalipto. Ata o de agora non existe unha reflexión colectiva en relación a cales son as necesidades de produción de eucalipto en Galicia. A Dirección Xeral de Montes soe argumentar que hai que producir ata onde demande a industria, pero xa é probable que esteamos producindo máis do que se demanda. Esa mesma racionalidade colectiva está tamén ausente en relación á paisaxe. No recente proceso participativo para a redacción das directrices da paisaxe as repoboacións forestais son as paisaxes menos valoradas despois das explotacións mineiras. Pero este, no contexto galego, parece ser aínda un argumento débil para modificar a política forestal. Por outra banda a racionalidade colectiva para preservar a terra con mellor aptitude agrícola para a produción de alimentos tamén parece que é aínda débil en relación á racionalidade individual dos propietarios forestais. Sen embargo sería precisamente a suma e integración de todas estas racionalidades en relación á propiedade da terra, o que Davy [3] chama propiedade poliracional, a chave para mellorar as políticas de xestión territorial e da paisaxe de Galicia, para que así tódolos intereses atopen o seu lugar no territorio. Pero tal vez esto sexa difícil de que ocorra mentres que como sociedade non consideremos a política territorial como unha reflexión colectiva do modelo de sociedade que queremos.
José María Tubío e Nieves Pérez son
membros do Laboratorio do Territorio
membros do Laboratorio do Territorio
Referencias:
[1] Cuba Campello, C.; Ónega López , F.: «Conflitos na terra. Análise da realidade administrativa dos conflitos de uso agroforesta na provincia de Lugo », en R. CRECENTE MASEDA e U. FRA PALEO , Territorios a examen III, Universidade de Santiago de Compostela, 2016

[2] Corbelle Rico, E.; Crecente Maseda, R.. "Urbanización, Forestación e abandono. Cambios recentes na paisaxe de Galicia, 1985-2005." Revista Galega de economía 23:1, 2015
[3] Davy, B., (2014). Polyrational property: rules for the many uses of land. International Journal of the Commons. 8(2), pp.472–492. DOI: http://doi.org/10.18352/ijc.455
Noraboa polo platexamento e o carácter aberto das reflexións para o diálogo, pero as referencias ao ano 2008 e a o segundo, e non ao cuarto inventario forestal, non quedan un pouco desfasadas? Por outra banda, nas comarcas de Ordes, Xallas, Melide etc é onde a gandería de vacún de leite é mais dinámica e necesita mais terras para a sua sustentabilidade económica e ambiental. Estanse mercando pensos, sobre todo soia, que procede de terras deforestadas da Amazonia, Hai que pensar nos impactos a nivel global, (biodiversidade, cambio climático, etc) . Curiosamente estamos cansos de ver as argumentacións propagandisticas da industria papeleira, ca fixación do carbono polas plantacións de eucalipto, algo impresentable no contexto do cambio climático, xa que a terra para producir alimentos é un ben escaso e estratéxico a nivel global. Parece que en Galicia non importase o abandono das terras para favorecer as plantacións, e que a administración non mirase polo interese público e polas xeracións futuras. Ademais a política forestal está sangrando case a terceirra parte do orzamento da Conselleria de Medio Rural, na prevención de incendios (173 millóns este ano)e seguerá en aumento,.. ¿que estudos existen sobre o impacto do cambio climático nos incendios, e que política forestal sería a adecuada para adaptarse ao cambio climático? .
ResponderEliminarOla Fernando, grazas polo teu comentario.
EliminarO goberno, se fose coherente, tería que intervir na aforestación de terras agrícolas, porque o parlamento, escollido polos cidadáns, aprobou unha serie de medidas que así o mandatan. Polo tanto está claro que o goberno non está asumindo as funcións que lle foron asignadas. Esto é bastante indiscutible. Agora ben, os propios agricultores tamén desleixaron as súas funcións na busca de alternativas á crise do sector lácteo. Se en vez de centrar o seu discurso nos baixos prezos do leite, e o centrasen na necesidade de extensificar e aumentar a base territorial, e as tractoradas fosen para evitar a forestación das terras, outro galo cantaría. Da situación que temos somos todos un pouco responsables. Facernos conscientes desto axudaranos a atopar solucións.
Grazas por crear este foro tan necesario. Concordo coa idea básica e coa vosa resposta ó compañeiro. Evidentemente hai un deslexo da Xunta que reflicte que non prevé un custe electoral da política de deixar facer. Respecto dos gandeiros e seus obxectivos e demandas, o certo é que moitos deles viven no esquema da mecanización intensiva, dos robots e os pensos compostos. As millonarias axudas da Xunta mándaos tamén por ese camiño, limitando a un 10% dos plans de mellora o que pode adicarse a mercar terras, fronte a un 90% de maquinaria e instalacións. Nada axuda a esa racionalidade -o único xeito de competir, en realidade- que propoñedes. Grazas por achegar esas desoladoras estatísticas de ocupación polo eucalipto e piñeiro das mellores terras do país.
ResponderEliminar