O campo, cada vez máis vulnerable
A redución
da superficie que a actividade agrícola e gandeira ocupa en Galicia
non é precisamente unha novidade, nin nos convirte nun caso especial
no contexto europeo. O peche de explotacións agrarias e a redución
da superficie cultivada son fenómenos comúns en moitas áreas de
Europa, como por exemplo en boa parte dos países do antigo campo
socialista e na maioría das áreas montañosas do continente,
particularmente naquelas que ocupan unha posición periférica. Este
último é o noso caso. En realidade, foi desde que España accedeu á
Comunidade Económica Europea en 1986 cando o descenso de superficie
agrícola se volveu xeneralizado en Galicia, aínda que ata entón xa
tiña lugar en puntos concretos da nosa xeografía. En última
instancia, o proceso ten moito que ver co progresivo despoboamento
das áreas rurais e a perda de importancia do sector primario (en
termos de emprego, por exemplo) que os profesores Fernando Collantes
e Vicente Pinilla chamaron a “rendición pacífica” do mundo
rural.
Puido a
crise económica actual ter algunha influencia no proceso?
Probablemente, pero resulta difícil aventurar en que sentido
concreto: é posible que a situación económica afectase
negativamente a explotacións con problemas de viabilidade, pero
tamén é sabido que ten incentivado a incorporación de novos
agricultores ao sector. En todo caso, estas novas incorporacións
seguramente se produciron en moitos casos en subsectores -como a
horta- que presentan, en comparación con outros como o de leite,
pouca importancia en termos de superficie total. E polo tanto, non
sería esperable que a superficie que estas novas explotacións
engaden ao total fose suficiente para compensar ou inverter a
tendencia xeral.
É un bo
hábito tomar con cautela as estimacións proporcionadas por
diferentes fontes estatísticas, incluídas, por suposto, as enquisas
de estrutura das explotacións agrarias: unha broma común entre os
que traballan a diario con series estatístic
as é dicir que as únicas cifras das que estamos seguros son os anos. De tódolos xeitos, a información que transmiten as enquisas de 2007 e 2013 é coherente coa que aportan outras fontes e simplemente confirma a tendencia que xa viñamos observando nos últimos vinte anos.
as é dicir que as únicas cifras das que estamos seguros son os anos. De tódolos xeitos, a información que transmiten as enquisas de 2007 e 2013 é coherente coa que aportan outras fontes e simplemente confirma a tendencia que xa viñamos observando nos últimos vinte anos.
O feito de
que con toda probabilidade non esteamos ante unha situación puntual,
asociada á crise, non é motivo de tranquilidade. Ao contrario, é a
confirmación de que continuamos inmersos nun proceso de
simplificación da estrutura do sector primario (agrogandeiro e
forestal) que, na práctica, nos aproxima perigosamente a un sistema
excesivamente especializado que se apoia sobre dúas producións
principais: leite e madeira de eucalipto. Esta simplificación fainos
cada vez máis vulnerables fronte a riscos de tipo ambiental: reduce
a diversidade da paisaxe e crea condicións difíciles para algunhas
especies animais e vexetais mentres que favorece desmesuradamente a
outras. Tamén nos fai máis vulnerables fronte a riscos de orixe
fundamentalmente humana, como os incendios forestais, e sitúanos
nunha situación de grande risco económico: pequenas variacións no
prezo do leite, os alimentos concentrados para o gando, ou a pasta de
papel, poden poñer en xaque con relativa facilidade á maior parte
do sector.
Por estas
razóns, cómpre recibir con satisfacción que se manteña a
categoría de solo rústico de protección agropecuaria nas últimas
versións do borrador da nova lei do solo de Galicia (actualmente en
proceso de discusión). Significa o recoñecemento da importancia que
a ordenación territorial, e en particular a planificación no ámbito
municipal, teñen para introducir racionalidade en procesos
territoriais nos que a mera actuación do mercado nos conduce cara
situacións indesexables. Pero tamén mantén a responsabilidade que
recae nos equipos redactores e os gobernos locais, para a correcta
identificación ou delimitación desas categorías de solo. Nun
contexto no que o uso actual do territorio se viu influído por
múltiples (e non sempre desexables) cambios en anos recentes, o
planeamento debería escapar da tentación de simplemente “conxelar”
o estado actual do territorio e “certificar” como forestal
calquera área recentemente plantada ou como agropecuaria calquera
área recentemente roturada. Introducir outros criterios de
delimitación é fundamental, e para isto resulta condición
indispensable contar con outras fontes de información. Entre estas
gustaríanos destacar dúas, recentemente postas a disposición do
público: as fotografías aéreas do voo de 1956-1957 (o popularmente
chamado “voo americano”) publicadas polo Instituto de Estudios do
Territorio; e a versión dixital do Mapa de Capacidade Produtiva dos
Solos de Galicia de Francisco Díaz-Fierros e Fernando Gil, publicada
polo Sistema de Información Territorial da Universidade de Santiago
de Compostela. Cremos que ambas son contribucións que deberían
formar parte do material empregado polos equipos técnicos encargados
de propoñer a clasificación do solo rústico en calquera concello.
Eduardo
Corbelle Rico.
Artigo
publicado o 21/12/2014 no Faro de Vigo
No puedo dejar pasar la oportunidad, como apuntas, con todo acierto, la evolución en el mundo rural y su íntima relación con el sector agrario, no es una situación puntual
ResponderEliminarHe estado consultando datos del INE, los datos son testarudos y esclarecedores. Está es la evolución que reflejan:
En 1965, en España se censaban 3.007.626 explotaciones que aprovechaban 44.650.089 hectáreas; en 2003, en un momento que se decía económicamente dulce y antes de la crisis que actualmente padecemos, se censaba 1.127.969 explotaciones que aprovechaban 33.314.181 hectáreas. En 2013 y en esta turbulencia económica, se censan 948.868 explotaciones, que aprovechan 30.042.209 hectáreas.
En Asturias la situación mantiene esta tendencia, en 1998 había 32.575 explotaciones que aprovechaban 473.109 explotaciones y en 2014, son 16.966 explotaciones que aprovechan 363.180 hectáreas.
La nueva PAC, se preocupa y ocupa más de la situación en que se encuentra la superficie y establece en el 5%, la máxima disminución que puede en la proporción entre la superficie de pastos permanentes y la superficie agraria útil.
Recordar, que los Reglamentos Comunitarios, son de obligado cumplimiento en todos los Estados Miembros y su incumplimiento puede llevar a graves sanciones económicas.
Ojala que nos ocupemos más de nuestro espacio y seamos capaces de cumplir con nuestros compromisos ante las Instituciones Comunitarias, por nuestro bien y sobre todo por el bien de nuestro espacio.