O agrario: de potencial a potencia
Nestes intres estámonos a xogar case
900 millóns de euros de fondos europeos para desenvolvemento rural. E máis
importante, temos que decidir en que imos a investilos para endereza-lo rumbo
do noso territorio, e en concreto o rural, que semella cada vez máis ser un
barco á deriva. É o momento de facer unha diagnose axeitada, decidi-lo destino
e coller con firmeza o temón. Diso se ten que ocupar o Programa de
Desenvolvemento Rural, actualmente en elaboración, de aquí ó 2020. Todo sendo
conscientes de que nese barco imos todos e que cando falamos, por exemplo, da
superficie agraria útil, referímonos a un dos seus puntais estratéxicos
cuxa diminución e degradación nos pode levar
a pique. Vivamos en Lobios ou en Vigo.
A superficie agraria útil é a base dun
sector que, pese ás dificultades, segue a ser fundamental na economía galega e
dominante en moitas comarcas, sobre todo do interior, tanto en termos de
riqueza xerada como de emprego. Máis aló desa relevancia sectorial, as terras
de pastos e de labor son condición necesaria (aínda que non suficiente) para
acadar a soberanía alimentaria, concepto ó que lle deberíamos prestar moita
máis atención nun mundo tan cambiante e incerto. En moitas áreas son esas
terras as que definen paisaxes de gran valor e tamén as que acubillan
biodiversidade específica. Son ademais, en numerosas ocasións, as que protexen
ó noso país do risco de arder aínda con máis virulencia e devastación. En
definitiva, as terras agrarias son unha riqueza estratéxica que non debemos
deixar esmorecer.
Porén as cifras son teimudas e a
superficie agraria veu descendendo de xeito continuado nos últimos trinta anos.
E fíxoo tanto en cantidade, cunha diminución de máis de 150.000 nesas tres
décadas (estimación aproximadas), como en calidade. Os procesos de polarización
(marxinalización vs. intensificación) e simplificación que actúan a escala do
país, tamén o fan a este nivel. Así, mentres algunhas terras van deixándose sen
aproveitar, noutras aumenta a intensificación con riscos de erosión do solo,
contaminación das augas ou perda de valores ambientais. En paralelo, as
producións fóronse especializando e polo camiño quedaron moitos cultivos,
variedades e razas, en moitos casos autóctonas, de gran interese cando un pensa
en aspectos como os produtos diferenciados, novos nichos de mercado, etc. ou na
resiliencia e capacidade de adaptación.
Que di ó respecto o borrador do Programa
de Desenvolvemento Rural (chamado PDR) elaborado pola Consellería do Medio
Rural co obxecto de captar os fondos comunitarios? Pois pouca cousa. A diagnose
que fai o documento non advirte desas tendencias negativas nin do que se agocha
tras dos grandes números. Tanto é así
que a propia Comisión Europea, que ten que aprobar dito programa, unha vez que
analizou o referido borrador vén de pedirlle ó goberno galego que ‘aporte
cifras máis detalladas que se refiran ó sector agrícola’ ó tempo que solicita
que proporcione máis información ‘con respecto ás posibilidades de creación de
emprego nos sectores que fomenten o crecemento relacionados coa agricultura, a
silvicultura e a agroalimentación’. Todo ilo para definir e xustificar mellor a
estratexia futura. É dicir, difícil decidir o rumbo se non sabemos onde
estamos.
Tamén hai vida (ou debería habela) máis
aló do PDR. Así, nos últimos anos houbo unha actividade lexislativa intensa
para reverter esas dinámicas a través, por exemplo, da Lei de Mobilidade de
Terras, da Lei de Montes ou mesmo coa Lei de Mellora da Estrutura Territorial
Agraria, actualmente a debate. Pero non serve de moito se despois as leis non
se aplican, non se desenvolven ou non se dotan cos recursos suficientes
(pensemos no caso do Banco de Terras). A DOGacracia soa non cambia as cousas.
O futuro PDR é unha oportunidade non só
para tratar de frear a perda de superficie agraria, senón tamén o marco para
definir que rural queremos, unha caixa de ferramentas para construílo e bos
diñeiros para facelo. O primeiro para emprender a singradura é ter a visión
suficiente e ser conscientes das potencialidades do rural e, en particular, do
sector agrario, escapando de ideas anacrónicas que os vinculan ó atraso e a
economías sub-desenvoltas. As dúas maiores economías europeas, Alemaña e
Francia, son tamén dúas das principais potencias agrarias.
É necesario comprender que o futuro da
superficie agraria transcende o ámbito sectorial. Interésalle tamén á acción no
eido paisaxístico, ambiental ou urbanístico. Quen 'produce' a SAU é
fundamentalmente un sector, pero quen a 'consume' son todos, somos todos, e de
moitos xeitos. O territorio é o mesmo. Galicia ten un potencial enorme para ter unha
agricultura moderna e sostible, xerando novo emprego de calidade e máis valor
engadido, non só agroalimentario, tamén paisaxístico, ambiental e, en
definitiva, territorial. Podemos comezar polo futuro Programa de
Desenvolvemento Rural, sen que teña que vir Bruxelas a facernos os deberes.
Fagamos dese potencial unha gran potencia.
Artigo publicado no Faro de Vigo o
21/12/2014
Gracias Quico, por tu acertado punto de vista.
ResponderEliminarCoincido plenamente, tenemos unas Administraciones anquilosadas, que no quieren ver la realidad de un fracaso de políticas agrarias aplicadas durante demasiados años a las que los resultados, que se ven sobre el terreno, son los que bien apuntas. Políticas con el rumbo demostradamente equivocado o definitivamente sin rumbo, a la deriva. Los anuarios estadísticos están llenos de datos que los delatan, pero parece que nadie los analiza.
Tarda el día, en que las Administraciones, se den cuenta que el sector agrario es un sector estratégico y no solo esto, sino que también es estratégico el territorio, que elaborar los Programas de Desarrollo Rural, me aventuro a decir frívolamente, sin estos dos principios es un error gravísimo y de consecuencias que se verán a largo plazo.
Quisiera equivocarme, pero todo apunta a una nueva oportunidad perdida y unos fondos imprescindibles para el mundo rural, deficientemente aprovechados.
Gracias
Ola Ildefonso, como se está a elaborar o novo PDR en Asturias? Hai participación?
ResponderEliminarBuenas Quico,
EliminarDisculpa la tardanza en la respuesta, he estado de cambios laborales y acomodándome a mi nuevo destino.
Pues lo dicho, la prioridad parece ser más de los mismo, continuismo en las políticas y comodidad en la gestión.
Aquí en Asturias, considero imprescindible profundos cambios en los gestores de la política del y para el Medio Rural.
El problema es que no hay interés en generar debate.
¿Como vais en Galicia?, Espero que mejor que aquí.
Un Abrazo