Mobilidade de terras: albiscando entre a néboa

11:39 1 Comentarios


Quizais moitos vexan así o agro galego, baixo unha espesa nebulosa.

Dados os problemas actuais, principalmente no sector vacún, agravado se cabe no gando leiteiro, estou intentando recompilar datos obxectivos para facerme unha composición de lugar, algo que non sempre resulta doado despois de escoitar a uns e a outros. Centrareime aquí no marco da terra.

Partindo do suposto de que as fincas clasificadas no SIXPAC como Pastos ou Terras Arables (PS ou TA) son realmente aproveitadas por cultivos principalmente de pradeiras ou millo, para o sustento do gando, (¿canta pradeira hai por explotación?) e que as clasificadas como Forestais (FO) se poden asimilar a madeirables, e polo tanto non admiten un uso agropecuario, ¿temos algún dato do total de superficie clasificada como Pasto Arbustivo (PR)? ¿hai algunha estimación de cántas de esas hectáreas se están a aproveitar para o pastoreo do gando? ¿canto dese pasto arbustivo é técnica e economicamente viable transformar en terra arable? Se o houbese, ¿por que non se transforma?

E por outra banda ¿cantas hectáreas de PR se están a declarar na PAC? ¿cantas hectáreas de PR declaran as explotacións leiteiras de media? ¿cantas destas hectáreas se están aproveitando realmente? E digo aproveitando, porque a efectos da PAC é suficiente con que un pasto arbustivo esté mais ou menos limpo ou desbrozado, aínda que non haxa un aproveitamento real. Ou, ¿cantas de esas hectáreas declaradas teñen incumprimentos?

¿Hai feito algún estudio da superficie real da que dispoñen (e/ou a que traballan) as explotacións en comparación co declarado na PAC? (moitas explotacións traballan terras que non declaran, e outras declaran terras que non traballan). ¿Hai algunha estimación de canta terra deixa de arrendarse polo cobro de axudas da PAC non vinculadas á produción?

As explotacións están faltas de terra, esto é un feito. Pero, ¿realmente non hai terra dispoñible? ¿e só un problema de que quén dispón de terra non a pon a disposición do gandeiro (que tamén)? Dada a economía das explotacións, o problema ¿é que xa non quedan cartos para investir en alugar fincas ou en poñer o monte baixo a producir a curto – medio prazo? ¿é un problema de competencia cos terreos forestais (outra cousa serían os enclaves)?

Despois de todos os estudios que se teñen feito e dado o coñecemento  disperso do territorio galego, ¿podemos dar un par de pinceladas de cales son os principais problemas de por que ás explotacións lles custa tanto poder incrementar a súa SAU?

En canto a nova lei de montes: en todos os foros estou a escoitar que esta lei é un agravio cara ás explotacións, pois facilita a forestación de terras agrarias ou a reforestación de terras non agrarias. Sen embargo, despois de ler o articulado a min paréceme entender que agora os prados están mais protexidos. ¿Por qué é agora mais prexudicial para os gandeiros?

Gustaríame coñecer as vosas valoracións cara estes temas, sabendo que non é este, nin moito menos, o único que se debera analizar, pero cada peza que se consiga colocar neste puzzle pode ser de axuda.

Estas cuestións non son opinións nin pretenden entrar a debate, están aquí expostas á espera dunha resposta.

Marta Muiño

1 comentario:

  1. Marta, en mi opinión, no me quisiera equivocar, tratas muchos temas y muy interesantes, en tu articulo pero, que por su densidad, deberían de analizase de forma diferenciada.
    Por un lado tratas de abordar la forma en que se aprovecha la tierra, los cultivos, la forma de manejo de la “tierra”. Por otro lado, tratas la forma en que las explotaciones de ganado vacuno hacen el manejo de sus rebaños, que en estos últimos ha variado muchísimo, y sobre todo en el ganado de leche.
    Por ultimo apuntas la influencia que las ayudas de la PAC puedan tener en este aprovechamiento de la tierra y la explotación de los datos que tanto la Unión Europea como los Estados Miembros puedan tener.
    Sin duda me resultan interesantísimos tu punto de vista, y personalmente he indagado en ellos pero al menos, desde de mi punto de vista y por la información que yo manejo, debe ahondarse en ellos de forma individualizada para posteriormente encontrar los puntos comunes.
    Existen muchos estudios e informes sobe la influencia que tienes las ayudas de la PAC sobre la forma en que se aprovecha el territorio. Por lo que se vislumbra sobre la nueva PAC parece que trata de ligar más las ayudas a la tierra, por lo que ¿Qué efecto puede tener esto? Se vera.
    Con relación al manejo de los rebaños de animales bovinos, entran muchos intereses, desde sociológicos, relacionados con la mano de obra disponible en las explotaciones, hasta de las ayudas de la PAC que por lo que yo he analizado, se ayuda más a las explotaciones intensivas, por mucho que se diga, al menos en el Norte de España.
    Sin embargo la reseña más importante, para ver la evolución del sector y de las explotaciones, es analizar la evolución del aprovechamiento de la superficie que declaran los agricultores en el momento de solicitar las ayudas. Esta información es la única que se tiene de forma real, que es lo que están haciendo las explotaciones, principalmente profesionales, pero sin olvidar el porcentaje que supone sobre la superficie total del territorio a analizar.

    ResponderEliminar