Revolta: A propiedade da terra: desde a historia para o futuro
Despois
das charlas sobre a propiedade da terra galega en sábado, fun a
xantar con algúns dos compañeiros de LaboraTe. Aparte deles, veu
Paul – o holandés que tantas preguntas tiña durante a última
mesa redonda. E do cal as preguntas voaron no aire sen xuntarse con
algunhas respostas.
Así
dinme conta que, aparte das súas preguntas concretas, tamén a min
ocorréronseme varias, incluso xa en principio. Esperaba telas
respondidas ao longo das charlas e as restantes liberar no último
momento. Pero nada. Acumuláronseme case todas ata o final porque non
lles vin ningunha resposta compatíbel. E incluso, no final xa non
había ni tempo a preguntar! Quedei desesperada porque vendo tanto
coñecemento concentrado e tantas capacidades sen marcar ningunha
dirección, paréceme triste e non dou atopado ningunha razón pola
qué é así. Aínda que sei, dende o primeiro contacto cos galegos,
que a vós gústavos preguntar tanto, que incluso respondedes con
outras preguntas! Iso si que me volve louca!
O
Paul reclamou nun momento que aquí en Galicia non hai planes.
Despois de primeiro momento de risa, mirando ao José María con
espera dun ataque mordial, pero cal estaba máis caladiño, dinme
conta unha cousa: que como se nota bastante, o contacto da USC con
Holandéses, polo menos no tema de ordenación territorial, é máis
que activo e moi agradable. E polo que Paul choraba pola razón que,
aínda vivindo xa tres anos en Vigo, non consigue falar con ningún
galego, é dicir, non lle entenden, dixou que é imposíbel
comunicarse con eles, ocorréuseme que igual o problema está na
lingua. Pero, non me refiro a un idioma, se non a “lingua cultural”
– un modo de comunicación, modo de pensamento, de entender,
costumes, “programación” da sociedade. O mellor as ferramentas
que funcionan no norte de Europa, non teñen que funcionar igual
aquí, no sur, aínda que intentan acadar o mesmo obxectivo. Poden
ser o exemplo, pero non deberían ser ningunha doutrina. É dicir, un
galego si que prefire patacas ca salsa galega, non ca holandesa.
Igual
o problema está no que os galegos non saben que queren. Queren o
proveito da terra agora mesmo? Ou máis o proveito para os seu
fillos? Ou todo xunto? Ou queren soamente ter máis que o veciño? E
porqué? Usando unha ferramenta cal no meu país funciona ben – a
concentración parcelaria – porque aquí a veces falla? Paréceme
que os galegos perderon bastante confianza polos que intentan
xestionar a súa terra. Igual teñen medo de perde-la outra vez – a
terra que por fin teñen nas súas mans, despois de tantos séculos
da loita por ela. Pero son perversos: por fin a teñen, non a queren
pasar, pero moitas veces a tratan mal. Algo raro está presente aquí.
Ou non só aquí? Penso que non é problema principalmente dos
galegos, se non de calquera outro país con experiencia parecida.
Algúns dos pilares da cultura europea crecen da cultura romana e
incluso diría da cultura estadounidense: mirad as nosas
constitucións! Baséanse na norteamericana, cal realmente
“santifica” a propiedade privada – e porque será? Non é a
razón diso o medo de ter volto os indios para a súa terra que lles
foi usurpada? Outra vez o medo de perde-la a terra. Facemos as
normas, as leies para ternos protexidos contra nós mesmos. Porque
distinguimos nós – concientes, dos outros – inconcientes. E no
caso da terra, cando nos cadra ben, si que estamos ben concientes da
súa irrepetibilidade.
En
fin, tampouco podo dicir que se me ocorre algunha solución. Pero si
que pensei sobre a variante que a terra dunha “parroquia” –
igual como os montes – tamén sería veciñal? É dicir, como dixou
Xoan Carlos Carreira Pérez, sería
vinculada ca condición residencial? E a vós, como vos parece?
Algunha reflección? Qué diría hoxe o home do debuxo de Castelao
aos seus fillos?
Eliška Farkova
0 comentarios: