A fusión municipal. Medicina ou placebo?

19:28 4 Comentarios



Hai un par de días Xaquín A. Corbacho escribía na Voz de Galicia [1] que “cambiar el mapa municipal gallego mediante la fusión voluntaria de municipios -estén o no incentivados- no es solución correcta para afrontar los graves problemas que tienen nuestros concellos”.

Entón, por que esta é a única solución que ofrece a Ley 27/2013 de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local para abordar os problemas dos gobernos locais? Vexamos os datos. Os concellos que están en verde (ver mapa abaixo do IBI de urbana) son en torno a uns 100 e teñen uns ingresos per capita menores  de 70 €, o cal representa en torno ó 90% dos ingresos totais do IBI que teñen estes concellos (os de rústica só representan en torno un 10% dos ingresos totais do IBI). O resto dos ingresos destes concellos consta case na súa totalidade de transferencias do goberno. Para facernos unha idea do extremadamente baixos que son estes ingresos por IBI, a nivel de España o IBI representan en torno ó 50% dos ingresos tributarios dos concellos. Enténdese que ó goberno non lle interesa seguir dando transferencias a concellos que cada vez teñen menos poboación que os poida votar nas eleccións e tampouco lle interesa forzalos a que revisen os seus ingresos por IBI a través de aumento dos tipos ou da revisión das valoracións catastrais. Éste é un exemplo claro da irresponsable política da avestruz.

Polo tanto non se entende en que medida a fusión deses 100 municipios en cor verde pode axudar a transformar algo a súa dinámica territorial. Parece ben claro que a suma de dous municipios anémicos dá como resultado un municipio anémico. Eses concellos en verde (e moitos dos que están en azul non están tampouco libres de problemas) son os que están representando e van representar aínda máis no futuro o abandono do territorio e a súa desertización desde o punto de vista económico e social. E as políticas que se levan a cabo, en vez de entender a raíz do problema, o único que parecen facer é agravalo. O mesmo discurso en torno á fusión dos municipios tívose en torno á fusión da caixas. E en vez de ser unha solución como se prometía, significou a súa completa desaparición en menos de 6 anos.

Ante este panorama, os xestores territoriais pódense comezar a preguntar: de que serve facer un o pan xeral dun concello como Guitiriz? De que serve aumentar a base territorial das explotacións de Abadín? Ante a medicina que o goberno lle está dando ó territorio, todo parece indicar que esas accións a nivel local apenas representan alivios para a agonía.

[1]http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/09/17/complejidad-municipio/0003_201409G17P16991.htm

4 comentarios:

  1. Pero cal sería a proposta? No caso das caixas a solución final (vender) non creo que sexa aplicable ó territorio, ou?

    ResponderEliminar
  2. A solución? Agora que acaba o verán, e se van acabando as festas, non cres que sería interesante ter un mapa con canto se dou por persoa e parroquia para pagar as festas? Nos municipios verde clariño págase menos de 40 € de IBI por persoa. A canto sae por persoa pagar a Panorama para que toque unha soa noite nas parroquias deses concellos?

    ResponderEliminar
  3. En España hay 8.114 términos municipales, de los que el 60% tienen menos de 1.000 habitantes y el 13% menos de 100. Es más, hay 17 municipios que tienen un solo habitante.
    ¿Esto es estructurar el territorio o desestructurarlo?
    El IBI, no creo que sea la panacea, y la solución a todos los problemas no es pagar más impuestos, sin embargo y sin duda si que ayuda, gestionarlos mejor y dar servicios a los ciudadanos.
    La Panorama no lo va a solucionar, pero si va a ayudar a que lo llevemos mejor.
    Un Saludo

    ResponderEliminar