Secuestrados polos seguros, vixiados pola desconfianza

23:56 1 Comentarios


Hoxe, despois de varias conversas aparantemente illadas (cun arquitecto sobre a propiedade dos edificios antigos no barrio da Tinería, en Lugo), cun profesor universitario (sobre o problema, que pode ter consecuencias legais, de non estar nas horas de titorías), e cuns estudantes sobre a doutrina Parot, e tras recibir nun correo un libro titulado "The Gridlock Economy: How Too Much Ownership Wrecks Markets, Stops Innovation, and Costs Lives", que trata, despois dunha ollada, dos anticomúns, chego á conclusión de que as conversas do día xiraron en torno ó mesmo tema, e o libro vén a representar unha explicación das mesmas. Pero ata que punto a explicación deste libro, do que só lin a introdución, pode ser convincente? A aproximación da introducción faime pensar que non me convencerá.

As tres conversas citadas arriba responden todas a un mesmo contexto e son o seu síntoma. E neste contexto pódense engadir moitos máis síntomas, que aparentemente están desconectados entre si. Por exemplo, a crise das subprime e os seguros CDS (credit default securities), a caída dunha rapaza ao mar hai uns tres anos nunha procesión marítima (denunciou ó patrón por non ter seguro e agora tódolos barcos que saen en procesión teñen seguro) e a loita de patentes entre Apple e Samsung (que no crecente número de litixios sobre patentes representa só a punta do iceberg). Estes tres feitos están tan relacionados que se poden considerar o mesmo: a forma que escolle a sociedade para enfrontarse ós riscos. Estou de acordo co autor do libro mencionado arriba en que se nos fixamos na crise inmobiliaria española, o mecanismo financiero para obter débeda foi dividir - de moi diversas formas - a propiedade das cédulas hipotecarias. Pero a pregunta é por que se fixo esto (igual o autor o responde nalgún lado do libro), pero coido que acabará dicindo "a propiedade está ben en boas doses, pero moita é mala".

Se se tivese que facer unha interpretación de todos estos feitos, utilizando o exemplo das cédulas hipotecarias, poderiase argumentar que se tratou de reducir o risco (individual, pois ninguén sabe quen debería pagar se algo vai mal, e se hai que pagalo toca a moitos; o colectivo como vemos non se diminuíu). Ante esta situación, que queda? Tal vez un promotor ou propietario de vivenda lle gustaría ter tido un seguro para cando estalen burbullas... E un mercado deses seguros para os que houbese ó mesmo tempo seguros, etc. Así que a pregunta é: por que nos lanzamos a correr nesta dirección?

Só son capaz de atopar unha resposta. A estrutura social vén sendo debilitada desde hai tempo e non pode facer fronte á incerteza e ó risco que aumenta cada vez máis debido ás innovacións tecnolóxicas. Por outra parte, o goberno contráese tanto en poder como en lexitimidade e capacidade de acción; nun contexto de riscos crecentes o goberno termina "xudicializando" o funcionamento social, sen darse conta de que a asignación perfecta de dereitos de propiedade é imposible, pois termina asfixiando a calquera sociedade. Pero a alternativa para solventar problemas derivados de dereitos de propiedade difusos baséase máis na colaboración e cooperación social e no goberno proactivo. Pero esto non é o que está sucedendo. A sociedade desestructúrase cada vez máis, e o goberno adelgázase ata servir únicamente para manter xulgados que resolvan, de forma reactiva, preitos sobre conflitos de dereitos de propiedade.

Que escollesemos a vía dos dereitos de propiedade para enfrontarnos ó risco en vez dun goberno activo é algo ideolóxico. Alguén fixo unha análise de custes-beneficios para saber cal era a vía máis eficaz? 

1 comentario:

  1. La introducción del libro (http://goo.gl/OcllPI) hace referencia, en mi opinión, a lo que estudiosos de la economía llaman 'private taxation', que no es otra cosa que rentismo, y en el sentido más peyorativo del término.

    Antes el rentista era el dueño de un pedazo de tierra más o menos grande que había heredado, al igual que el anterior propietario. Esos rentistas ni trabajaban, ni arriesgaban su riqueza inviertiendo: simplemente se limitaban a explotar a los jornaleros. Otras veces, ni eso: la tierra podía quedar sin uso por un capricho como la caza.

    Ahora en vez de latifundios junto a jornaleros miserables, tenemos propiedad intelectual, propiedades inmobiliarias, etc, junto a una clase media menguante.

    Esto es, lo que tenemos son rentistas parasitarios que, en la práctica, recaudan dinero para sí mismos como si fuesen impuestos. Con la diferencia de que el estado utiliza ese dinero para proveer multitud de servicios, mientras que el rentista ni lo hace, ni se espera que lo haga. De ahí el oxímoron de 'private taxation'.

    Al final es una cuestión de incentivos. Muchos estados occidentales han incentivado, vía leyes y políticas fiscales, que el rentismo sea más beneficioso que el trabajo y la inversión. Pero eso ya sería otra discusión.

    ResponderEliminar