ENCÁNTAME QUE OS PLANS SAIAN BEN

6:15 1 Comentarios


A ordenación do territorio (OT) e o urbanismo parece que lonxe de entrar no esquecemento está cada día de máis actualidade e cobra forza por múltiples motivos, velaiquí algunha nova de prensa do fin de semana pasado con noticias aparentemente inconexas pero moi relacionadas. Van con comentarios ás mesmas en tono irónico que lonxe de ser unha mera crítica pretenden enlazalas e dar un pouco máis de información sobre cada unha:
- El peaje del «ti vai facendo»
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/04/21/peaje-span-langglti-vai-facendo-span/0003_201304G21P10992.htm

Destacar: "que es muy importante transmitir a la población es que lo 
que se busca con las normas de ordenación del territorio es el bien
común. En una comunidad como esta, con 30.000 núcleos de población, 
sería muy complicado gestionar los servicios en caso de que cada uno 
levantara un edificio donde le viniera en gana".

O importante é xestionar os servizos, qué servizos?, en moitas 
ocasións nin se sabe por onde van as redes. Rescatamos o tema do ben 
común?.

No curso de Urbanismo da EGAP repartiron o libro titulado "Resolucións 
emitidas pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) 
en materia de reposición da legalidade". Un auténtico ladrillazo
tanto en páxinas (630) como en peso..

- «Tirar esas viviendas supondría la quiebra del Concello»

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/04/21/tirar-viviendas-supondria-quiebra-concello/0003_201304G21P11991.htm

Destacar: "El problema es que ese concepto no está reconocido en la 
ley autonómica y por ello, dice, el tribunal anuló los permisos". “El 
concepto es el concepto” como dicía Manquiña nunha moi boa película que xa aglutinaba e como non anticipaba o petate que cada día se está a descubrir.
Non sería por un casual que estaban mal dados os permisos...
Tamén tomando unha frase célebre desa mesma película co mesmo célebre Manquiña “a los hechos me remito” ou debería dicir como era textualmente “a los hechos me repito”?.
Neste caso hai opinións de  http://grupoopinionaguarda.blogspot.com.es/

- «Crucifixiones» contra la Ley de Costas en Vilaboa

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2013/04/19/crucifixiones-contra-ley-costas-vilaboa/00031366391682475472347.htm

Destacar: "El debate del Senado de esta semana dio un giro
desfavorable a las pretensiones de Vilaboa al incrementar de un tercio
a la mitad de su superficie la consolidación exigible a los núcleos de 
este municipio para ser reconocido, además de que tendrían que 
demostrar tener todos los servicios en 1988.

Ti vai facendo que os servizos non se van facer (poñer), xa virán solos...


- Los Dorado son propietarios de la cuarta parte de A Illa de Arousa

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/04/21/dorado-propietarios-cuarta-parte-illa-arousa/0003_201304G21P12991.htm

Destacar: "Propietarios de suelo no edificado".

Non queda claro se o solo é ou non subceptible de edificar, ou sexa 
que parece que pode ser solo rústico, mira quen fai subir a burbulla de prezos de parcelas agrícolas
que comentaba Miguel fai uns días e saía tamén como nova na prensa, os piratas do Reyno...

Observando a foto que sae na noticia acórdaseme (porque se pode ver ó 
fondo á esquerda) a polémica zona residencial na que parece ser que 
algúns coñecidos políticos a nivel autonómico e estatal compraron 
vivendas de superluxo e no que para facela tiraron un piñeiral 
protexido, non se respectaron as distancias á costa, etc... Non sei 
como está o tema actualmente pero case me atrevería a dicir que aquí 
parece que para estes pisos de luxo nin hai Lei de Costas, nin 
consolidación do 50%, nin derrubamentos nin ben común e que o "ti vai 
facendo" segue en vigor. Non aplicable o mesmo para unhas casas moito 
máis antigas e situadas máis lonxe da costa de cidadáns de a pe que 
estaban denunciadas.

Nunha parte dos textos di que isto pasaba antes de que houbera PXOMs, 
como se estiveran todos feitos ou con intención de facerse.

De todas formas acolléndose ó ultimamente moi recorrido "Interese 
xeral" nesto da OT pódese facer de todo. E a cuestión é que a OT está 
moi relacionada con todo, na marcha ou non dos sistemas produtivos, 
na situación económica actual, na quebra de Bancos e Caixas, e en 
definitiva nos nomeados piratas do Reyno que si sabían o que facían a 
diferenza de moitos cidadáns que nin teñen coñecemento de OT 
(imposible con tanta lexislación sobre o tema), nin foron ben 
asesorados e en moitos casos enganados.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/03/25/banuelos-burbuja-astroc/0003_201303G25P14992.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/03/25/urdangarin-proyectaba-levantar-5800-viviendas-albufera/0003_201303G25P14991.htm


Jaime Caldeiro Pérez

1 comentario: