Todo orientado ao norte… liberdade e propiedade

11:07 4 Comentarios

Ante tal marabunda de despropósitos entre habitantes deste mundo, quero dicir, seres vivos “racionais”, (por definición que non comparto, posto que estaderradeira palabra entrecomillada non encaixa nas tendencias de comportamento que se aprecian na actualidade entre estes indivíduos) resulta doado desorientarse, posto que ata o propio vocabulario admite a confusión “por defecto”. Ata ésta palabra, orientarse, que se refire a dirixir, ou referenciaralgo hacia oriente, se fai pasar por situacións lingüísticas como “orientar hacia o norte”, sendo o correcto, simplemente: nortear, non si?


Lendo un ensaio de finais dos anos 60, cuxo autor entrevistaba a tódolos políticos con proxección de futuro unha vez pasada a contenda franquista, na introdución, comezaba coa seguinte afirmación: “En España, hai 31 millones de partidos políticos, este pais no hai quien lo gobierne”, en alusión ao nº de habitantes daquel intre.


Pasado un tempo prudencial dende aquela, que tal vez se podería considerar suficiente para acadar unha sociedade madura en uso e disfrute da liberdade, pálpanse con certa facilidade tendencias coma o acomodamento, o non saber cooperar, ou o competir so con acoso e derribo do competidor. Tamén se aprecia unha clase política onde non predomina un réxime interno participativo nin democrático, e onde os postos máis representativos e claves para o desenvolvemento non son ocupados polas persoas máis valiosas; quizás este feito contribúe a que mentes privilexiadas non se acheguen a estes círculos de poder por temor a non lograr desenvolverse simplemente como seres humanos.

No territorio é onde se cultivan e conxugan tódolos valores tratados nestas verbas (racionalidade, liberdade), e tal vez os riscos de realizar de forma incorrecta estas accións estean pouco estudados e difundidos entre as poboacións. Algúns síntomas parecen ser xa consecuencia dos usos indebidos da liberdade, que mesturados con conceptos erróneos de propiedade, poden ser a base dos grandes desequilibrios económicos que se aprecian a nivel global, que, con pasividade maioritariamente observamos, inda a sabendas de que poden inverter tendencias que parecían coller rumbo correcto, coma por exemplo a de reducir a fame no mundo.

Para cambiar as cousas, hai que pasar á acción, o que implica perda de comodidade (encuberta), orientar ao norte é unha expresión incorrecta, en todo caso será nortear, pero a liberdade, enmarcada no respecto e tolerancia, ben merece o esforzo de levantar a cabeza, para mirar de fronte, con gran ángulo e perder de vista o embigo.

Marcos Vázquez, setembro de 2012.

4 comentarios:

  1. Será deixar de mira-lo embigo ou deixar de ter medo?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Significa que nos entendemos, pero penso que ter medo vai moito máis alá, significa menos ignorancia ca mirar ao embigo sen medo nigún. Empecemos logo por non mirar ao embigo e perder o medo.

      Grazas por comentar.

      Eliminar
  2. Nuestra voluntad de actuar nos hace libres, esto querrá decir que la libertad realmente no es un estado de la materia??? Alguien, que no me acuerdo quien era, dijo algo como esto: Tener valor es todo aquello que hacemos a pesar del miedo.
    Animo rapaces.

    ResponderEliminar
  3. O medo reune valor cando hai fame; a fame de moitos fai ansias de liberdade (e igualdade) e a fame dos fillos fai que deixemos de mirar o embigo. A fame busca pan e o trigo, terra.
    Ó meu entender, discernir que políticas sobre a xestión da terra son mellores e cales peores, sen fame, é como ben dis, "orient-ar cara o norte" e non, nortear.

    ResponderEliminar