Compra de terras... O planeta en venta?

13:19 4 Comentarios

O fenómeno de compra de terras e as súas implicacións para a seguridade alimentaria está cobrando especial relevancia nos últimos tempos. Cando unha multinacional arrenda a metade das terras dun país por 99 anos a cambio de construír infraestruturas... cales son as repercusións para a poboación local? Cales son as repercusións planetarias (económicas, sociais e ambientais)?

O acaparamento de terras (land grabbing) non é novo, pero obsérvase unha intensificación dende as crise alimentaria de 2007/2008. O documental Planeta en Venta (Alexis Marat, 2011) proporciónanos algunhas das claves que nos axudarán a comprender o seu alcance.


4 comentarios:

  1. Logo de ver cousas como esta un pensa "bendito" minifundio galego. E magníficos paradoxos: a traxedia dos comúns en versión privativa-fractal é a que en última instancia protexe parte dos comúns do colonialismo privado. Mira ti por onde.

    ResponderEliminar
  2. IMPRESIONANTE
    Es claro que con los alimentos básicos se esta especulando.
    Que sin saberlo, un agricultor de cualquier parte del mundo, que se decide por un cultivo determinado, no sabe que en realidad esta absolutamente condicionado por todo el negocio especulativo que previamente se ha decidido en Chicago.
    Aun alguien duda que el sector agrario es un sector estratégico?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Seguro que los fondos de especulación no lo dudan, la gente que pasa hambre es posible que tampoco, las que sociedades que permitimos que ambas situaciones existan, ni pensamos en ello.

      Eliminar
  3. Interesenate ver que rápido nos evadimos, vemos o vídeo e pensamos nos lobbies de Brusselas, Chicago ou a nova Riad en Arabia Saudí, que privan a latinoamericanos e africanos das terras onde alindan a media ducia de vacas que os sustenta para, no seu lugar, producir rosas ou soia a macroescala pero… mirando tan lonxe olvídasenos o de cerca? “A versión privativa-fractal da traxedia dos comúns protexe ós comúns do colonialismo”. Ó meu entender, a traxedia do privatismo-fractal e, permitídeme incluír a orografía e calidade produtiva dos mesmos, protéxeos das rosas e da soia pero… que hai dos eucaliptos. Creo que máis que protexer, propiciou, indiscriminadamente por certo: comúns e o mesmo privatismo fractal caeron ante os encantos do colonialismo papeleiro. Si, certo, pode enterderse que houbo lobby de Bruselas, pero a mediados dos 90 (“vacas gordas”). A industria do papel e a repoboación masiva veñen de alá dos 50 (“vacas flacas”) e por aquel entón foi o lume e a necesidade de xornais (a comunidade, en definitiva) a que protexeu ós comúns do colonialismo ¿patriótico?. A diferencia, tanto en latinoamérica como na Galicia dos 50, que cando se toca a propiedade hai acción dos “sen terra” (acción organizada e institucionalizada, para máis inri) pero o paradigma do eucalipto tivo a astucia de non tocar as estruturas, só recortou uns dereitos e favoreceu outros, SUBLIMINALMENTE, eso sí, nas bases de convocatorias de subvencións e en convenios da industria con propietarios (“seudocolonionalismo”??).
    E sí que se pensa!! De onde senon os libracos, planes y normas con fórmulas e políticas de empoderamento das comunidades locais/rexionais? Ou o debate literario sobre o éxito do colonialismo ou seudocolinalismo modernos? Poder dos lobbies; respaldo político e lexislativo; “suposta” rentabilidade económica para a comunidade local: inversión, emprego e infraestruturas; ausencia de resposta/conflito/revolución social, adaptación ás estruturas: na versión de compra de terras estatais e na variante de subvención/contratos para o caso da versión privativa-fractal. Todos temos lido y debatido estes temas. Sí que se pensa, polo menos nas comunidades locais (familias de gandeiros, para o caso galego), a compra de terras e o control de dereitos (subliminal ou non) é tema de conversa en toda xuntanza que se precie. O que falla é idear e materializar canles de actuación. E escoitar, si, tamén falta escoitar.
    En calquera caso, o tempo de pensar igual rematou e máis vale que teñamos os deberes feitos, que a "profe" volve a ter regla... Tomando palabras doutro dos post do blog, máis vale minimizar as “argumentacións decadentes” e o "abismo entre a teoría e a práctica".
    Será que teño máis de gandeira indíxena activista que de enxeñeira globalista pasiva pero confío que as conversas están botando raíces (certo que por necesidade máis que por convicción), do mesmo xeito que non compro nin deixo que me compren ramos de rosas.

    ResponderEliminar