Caos e orde: urbanismo e ordenamento territorial

En materia de urbanismo e planeamento territorial moitos galeg@s tendemos a pensar que vivimos nun caos completo. Algúns miran a outros países buscando un modelo a imitar, e Holanda menciónase en ocasións como un deles.
É Galicia paradigma de caos? É Holanda o modelo a seguir?
José María Tubío preséntanos unha comparación entre os instrumentos e procesos de planeamento urbanístico e ordenación do territorio en Galicia e Holanda.



5 comentarios:

  1. E como lle chamamos a eso de "está metido na cabeza"? Din por aí, "realidade social". Outra pregunta entón é: por que alí está metido na cabeza (pola relixión, polos alemáns, polo Mar do Norte...)?
    E por engadir outra curiosidade ó debate do diferente comportamento dos concellos aquí e acolá: influirá algo o feito singular de que os alcaldes en holanda son profesionais a soldo?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

      Eliminar
    2. Escapo das explicación culturais porque ó final cultura é todo, e todo se pode reducir a "hai cultura/non hai cultura". Antes que nada - e esto debería ser a parte principal da terefa planificadora - é preguntarse como se nos meten as cousas na cabeza.
      Interesante punto sobre os alcaldes. Pero a pregunta é: son os alcaldes profesionais unha consecuencia da orde, ou unha causa dela?

      Eliminar
  2. Un tema que comentas e que me “sorprendeu” é a compensación por externalidades negativas, imaxina que se aplica en Galicia, e que teñamos que definir que é e que non é unha externalidade negativa (ti dis que e negativo outro edificio diante: elimínache as vistas eu dígoche que é positivo sácache o aire e a auga, da sombra no verán e así estas máis fresco...), ou que “custo” ten.

    ResponderEliminar
  3. Non me quedaron moi claros os puntos fortes dos alcaldes de Holanda = profesionais a soldo. O bo é que sexan profesionais ou a soldo? Profesionais no sentido de con educación/formación/titulación académica específica que os habilita como alcaldes; ou profesionais no senso de que respetan un código deontolóxico e teñen bo saber facer, compromiso e responsabilidade co cargo que desempeñan; ou é que teñen outra profesión e o ser alcalde é parte do seu tempo de ocio; ou é que están sometidos a algún réxime disciplinario que os responsabiliza en caso de mala praxis?
    En calquera caso, os cambios futuros en tal cargo nestas latitudes (se é que se chegan a dar...) serán unha consecuencia da mala orde, un parche a un sistema... digamos... non actualizado e amoldado ós tempos que corren.
    Respecto ás externalidades negativas, creo que o dos pisos con vistas é unha exemplo moi "o detalle" que case, case, soluciona o propio mercado (variando prezos segundo a demanda e a oferta). Bueno, en realidade, xa non son tal externalidade porque ninguén compra pisos :). O problema está na xestión de externalidades universalmente identificadas e coas que o mercado non ten nada que facer, véxase un vertedoiro ou a contaminación urbana. Os holandeses teñen receta para iso?? Espero que non sexa a negociación porque aquí o de tratar cos lugareños levamolo fatal, fatal... e iso que ó mellor poñerlles uns eólicos xunto co vertedoiro ou montarlles uns cultivos de cebolas e nabizas con saida comercial e cos empregos correspondentes podería axudar a internalizar. Claro que... como se nos da eso da xestión de fondos e a coordinación??? Vaia...
    Ó final vai resultar que si, que o futuro da tarefa planificadora é cousa de profesionais con "cousas" (raras) metidas na cabeza pero sen soldo...

    ResponderEliminar