tag:blogger.com,1999:blog-8896882272853518168.post3724374914557748565..comments2023-02-22T09:19:45.101+01:00Comments on Terra e Territorio: El País: "Hervíboros salvajes (sic) contra incendios forestales"Terra e Territoriohttp://www.blogger.com/profile/09279807402408617910noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-8896882272853518168.post-69134870487094474322012-07-31T09:47:17.196+02:002012-07-31T09:47:17.196+02:00Aínda vin este fin de semana unha carta ao directo...Aínda vin este fin de semana unha carta ao director de El País por parte de dous colegas da ETS de Montes da UPM defendendo as repoboacións realizadas (e en particular as realizadas con piñeiros). Moitas tiveron éxito en reducir problemas de erosión, ou en revexetar áreas de monte mediterráneo anteriormente esquilmadas. Pero vale a pena dicir que aínda que o groso as realizou o PFE despois da guerra, xa viñan realizándose en anos anteriores, e que no fondo do que se trataba era de poñer o territorio ao servizo da produción de madeira para a industria (non precisamente das pequenas instalacións de aserrío), e en definitiva ao servizo do capital que sostiña (e sostén: véxanse as fumigacións con flufenoxurón deste ano) esta industria.<br /><br />E por outra parte, de onde saca este home que a gandería extensiva "deixou de ter sentido económico"? Pois mal imos se xestionar o territorio é un gasto.E. Corbellehttps://www.blogger.com/profile/15591564978903161183noreply@blogger.com